Casa de Carmen

A casa

A Casa de Carmen ten máis de catrocentos anos de antigüidade, pois consta en rexistros anteriores ao ano 1647.

A súa restauración foi total xa que unicamente conservábanse as paredes exteriores da vivenda. Respectouse na súa rehabilitación a configuración propia dunha casa dunha vila mariñeira cos seus pisos e teitos de madeira.

Na súa entrada, un arco en pedra desvélanos o seu pasado. Na planta baixa gozaremos da cheminea de leña na sala de estar, cociña completamente equipada e baño con ducha con luz de leds e efecto choiva.

Na planta alta, dispoñemos dunha cheminea de leña e bañeira antiga de patas na propia habitación, e no cuarto de baño dunha ducha de hidromasaxe.

Desde esta planta accedemos a un pequeno patio con mobles de exterior orientado ao sur.

Instalacións

  • Unha única habitación con cama de 1,50 m de ancho con cheminea de leña e bañeira de patas na propia habitación.
  • Climatización frío-calor, televisións de pantalla plana, DVD.
  • Dous baños, un con ducha de hidromasaxe e outro con ducha con luz de leds e efecto choiva (con secadores de pelo e complementos de aseo en ambos os baños).
  • Sala de estar con cheminea de leña (leña gratuíta incluída) e comedor.
  • Cociña completamente equipada (cafeteira, microondas, lavalouzas, lavadora, ferro e táboa).
  • Terraza e mobles de exterior.
  • Sofá cama dobre na sala e posibilidade de cama supletoria individual e/ou berce.
  • Documentación e información sobre a zona.
  • Wifi gratuíta en toda a casa. 
  • Admítense mascotas.

Prezos Casa rural Completa

Tempada Tempada Alta
01/07 al 31/08, pontes, festivos e Semana Santa
Tempada Baixa
Resto do ano
Período mínmo dúas noites 200.00€ 180.00€
Unha semana (7 noites) 700.00€ 630.00€

Reservas

Poden realizar a reserva da casa completa mediante tres posibles procedementos:

  • 1.- Por teléfono chamando a calquera dos números (0034) 617889641 - 666393628.
  • 2.- Por mail, solicitando información a info@casadecarmen.es
  • 3.- Ou utilizando o seguinte formulario de reserva on- line: