• Casa de Carmen

    Calle Atrás de Rafael Juan, 1 - 15130 Corcubión

Como chegar desde A Coruña

Pola autoestrada AG-55 ou pola estrada C-552 que une A Coruña con Fisterra. Corcubión está a 96 quilómetros da Coruña. A casa está situada no centro do pobo (a 100 metros da praza Castelao de Corcubión).

Duración do traxecto da Coruña a Corcubión: 1 h e 20 minutos.

Como chegar desde Santiago

O camiño máis curto é pola AC-544 pasando por Negreira, logo cruzamento da Pereira, chegamos a Berdoias onde se alcanza a C-552 e xa desde alí dirixímonos con dirección Fisterra ata Corcubión. Se temos tempo, hai un traxecto un pouco máis longo pero máis bonito (transcorre pola costa) e é dirixíndose a Noia e xa desde aí por C-550 cruzamos Muros, Carnota e chegamos ata Cee, alí desviámonos cara á esquerda con dirección Fisterra. Corcubión está a un quilómetro de Cee.

Duración do traxecto Santiago de Compostela a Corcubión: 1 h e 15 minutos.

Como chegar desde Vigo

Desde Vigo ata Santiago de Compostela chégase chégase pola autoestrada AP-9, tomar a saída Santiago Sur-Milladoiro-Noia (AG-56). Posteriormente, ao chegar a Bertamiráns, tomar a saída a Negreira e logo seguir o itinerario descrito arriba (é dicir, Negreira-A Pereira-Berdoias-Cee-Corcubión).

Duración do traxecto de Vigo a Corcubión: 1 hora e 45 minutos.

Coordenadas GPS da Casa de Carmen:

Latitude N 42° 56' 47.05'', Lonxitude W -9° 11' 37.71''. Dirección: Rúa de atrás de Rafael Juan, 1 15130 - Corcubión