El Mar en Lola

El Mar en Lola é unha casa con marabillosas vistas ó mar no pobo de Corcubión, na chamada Costa da Morte. Ten catro habitacións (dúas de elas son contiguas), tres cuartos de baño, terrazas, xardín, mobles de exterior e o mar sempre presente. Está situada na parte alta do pobo.

Temos un pequeno chill-out resgardado da choiva con movles de exterior e unha barbacoa. 

Cociña completamente equipada con tódolos electrodomésticos necesarios.

Zona de lavado con secadora, lavadora e tendedeiro.

O centro do pobo está a 300 metros e poden chegar andando polas suas rúas centenarias. Nel encontrarán unha boa oferta gastronómica con restaurantes (a maioría deles con terraza exterior), bares, supermercados, quiosco, mercado municipal, pequenas tendas de ultramarinos, panadería....

A praia do pobo chamada praia de Quenxe está a1km de distancia e chegarán a ela bordeando o paseo marítimo ou si o prefiren en coche.Tamen temos unha pequena cala a 50 metros da casa perfecta para un chapuzón nos soleados días do verán.

 

A desfrutar!

Precios Casa rural Completa

Tempo Tempada Alta
01/07 ao 31/08, pontes, festivos e Semana Santa
Tempada Baixa
Resto do ano
Período mínimo duas noites 360.00€ 300.00€
Unha semana 1260.00€ 1050.00€

Reservas

 

Poden realizar a reserva da casa completa mediante tres posibles procedementos: